Acceso a usuarios
¿Olvidó su contraseña?
Acceso a usuarios
¿Olvidó su contraseña?

Bienvenidos a Avimeco

Asociación Profesional de Informadores Técnicos Sanitarios de A Coruña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTATUTOS Avimeco (2011)

 

 

CAPÍTULO I

“DA ASOCIACIÓN EN XERAL”

 

 

Artigo 1º

1.- Procédese a adapta-los estatutos da asociación denominada “Asociación Profesional de Informadores Técnicos Sanitarios de A Coruña”, en siglas “AVIMECO”, dende o ano 1971 con nº de inscrición no Rexistro 205 - 1ª (central ou provincial), de asociacións sen ánimo de lucro de tipo xeral e C.I.F G-15034085.

 

2.- A asociación rexerase polos devanditos estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais legislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

 

Artigo 2º.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de A Coruña, na calle Emilio González López, 63 Bajo 2 C.P. 15011; teléfono 981-129-699, correo electrónico avimeco@avimeco.com.

Dentro da ciudade de A Coruña, o domicilio poderá ser variado polo acordo da Asemblea Xeral de socios.

 

Artigo 3º.- A asociación en funcións dos seus fíns e do emprazamento do seu domicilio social, ejercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito teritorial da provincia de A Coruña, excetúando ó área territorial do Partido Judicial de Santiago de Compostela e a Zona Comercial establecida pola Cámara de Comercio e Industria de Santiago de Compostela.

 

Artigo 4º.

1.-A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordeamento xurídico.

3.- Como persoa xurídica, a asociación ten capacidade para adquirir e poseer toda clase de bens, sobre os que poderá realizar calesquera actos de disposición e contraer obligacións, exercitando, con arreglo a dereito, as accións e excepcións que lle competan.

4.- A representación da entidade correspondelle o Presidente, salvo para aqueles actos ou contratos que excedan da xestión ordinaria da Asociación.

 

Artigo 5º. Constitúen os fíns da Asociación:

        1. A representación e defensa dos intereses económicos, sociáis, profesionáis e culturáis dos seus afiliados.

        2. Fomentar a solidaridade dos visitadores médicos, afiliados, promovendo e creando servizos comúns de natureza asistencial.

        3. Programar as accións necesarias para conseguir melloras sociáis e económicas dos seus asociados.

        4. Organizar unha constante labor formativa e de promoción cultural dos seus asociados.

        5. Tratar de facilitar as xestións profesionáis, para o que se darán oportunas normas e instruccións.

        6. Fomentar a dignidade profesinal e reprimir o intrusismo.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

 

 

CAPÍTULO II

“DOS ASOCIADOS”

 

 

Artigo 6º.

        1. A Asociación integrarana os visitadores médicos que exerzan esta profesión de forma exclusiva e que, solicitándoo, sexan admitidos como membros, e que non teñan débedas pendentes coa asociación.

        Os afiliados doutras asociacións, non poderán pertenecer á Asociación, se as súas Empresas están representadas dentro do ámbito territorial daquela, para solicitar un Plan de Traballo.

        2. Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva cumplindo o mencionado no punto 1, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

 

Artigo 7º.- Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados: os afiliados ou asociados e os socios de honra.

        Son afiliados ou asociados as persoas físicas admitidas en tal concepto pola Xunta Directiva.

        Son socios de honra as persoas físicas ou xurídicas que polos méritos que nelas concurran ou polos servizos prestados á asociación se fagan acreedores delo. Esta distinción será otorgada pola Asemblea Xeral a proposta informada da Xunta Directiva.

        Soamente os afiliados terán voto nas asembleas xerales e poderán ser elexidos para desempeñar cargos na Xunta Directiva.

        Poderán afiliarse á Asociación os traballadores que presten os seus servizos no seu ámbito territorial e que reúnan as condicións profesionáis a que se refire o Artigo 6º, coa soa condición de observar os presentes Estatutos.

        O ingreso na Asociación, será voluntario e en calquer momento poderán os membros deixar de pertenecer á mesma, notificándoo por escrito á Xunta Directiva cunha antelación de trinta días naturais á data de baixa. As altas e as baixas faranse constar nun libro ó efecto.

        A afiliación realizarase mediante solicitude de ingreso dirixida á Xunta Directiva, debendo facer constar as circunstancias persoales e profesionais do aspirante. A dita solicitude, unirase contrato de traballo expedido pola empresa farmacéutica para a que presta os seus servizos como visitador médico.

        A documentación a presentar para afiliarse como asociado é a seguinte: carta-tipo onde consten os datos da sùa alta na s. s. e onde se especifique o código da oferta á s.s.; cartonaxe dun produto que esté de alta na s.s.; copia do d.n.i.; tres fotografías tamaño carné e os datos bancarios para a sùa alta na Asociación.

        No prazo de trinta días, a Xunta Directiva comunicará por escrito ó interesado o que resolvese sobre a sùa solicitude. A decisión da Xunta Directiva será inapelable e de execución inmediata. A admisión do socio queda supeditada a criterio da Xunta Directiva e atendendo ás necesidades do momento.

Pero, se nos dez días naturais posteriores a que lle sexa comunicada, a persoa a quen lle fora denegado o ingreso o solicita de modo fehacente á Xunta Directiva, ésta deberá solicitar a ratificación da denegación no curso da primeira Xunta Xeral que se celebre.

        Admitido o solicitante, a presenza do Presidente e do Secretario, declarará coñecer estos Estatutos e prometerá cumpli-los. Feito isto, recibirá o carné de membro da Asociación.

 

Artigo 8º.

1.-A condición de asociado pérdese:

  1. Por vontade propia.
  2. Por falta de pago de 3 cotas.
  3. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expedente disciplinario, con audiencia do interesado.
  4. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  5. Por haber sido suspendido ou inhabilitado para o exercicio das sùas funcións por sentenza firme.

2.-A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

 

Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, formular propostas e peticións, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, dacordo cos Estatutos.

2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, so seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra él e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós Estatutos.

5. Ser elexidos para os postos de representación.

 

Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representaci´n dela. Os asociados e asociados honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz pero sen voto.

 

Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:

        1. Cumprir estos Estatutos

        2. Cumprir os acordos da Xunta Xeral e da Directiva.

        3. Non entorpecer as actividades da Asociación.

        4. Non entorpecer as actividades doutros asociados.

        5. Satisfacer puntualmente as cotas fixadas pola Xunta.

        6. Retirar os Plans de Traballo.

        7. Efectuar por escrito dirixido á Xunta directiva toda-las comunicacións a que veña obrigado a tenor destes Estatutos ou aquelas solicitudes que desexe formular.

        8. Comunicar inmediatamente á Asociación os Grupos de Traballo que non se propoña realizar, pola especialidade dos médicos incluidos.

        9. Comunicar inmediatamente á Asociación que non pode cumprir cos Plans de Traballo asinados nas datas determinadas, por ausencia, enfermidade ou outra circunstancia.

        10. Comunicar inmediatamente á Asociación que deixa libres, antes de comezar o ciclo, os Grupos de Traballo que lle corresponderan nos días que efectúa visita médica en zonas de non influenza da Asociación.

        11. Comunicar á Asociación, con carácter previo, os Plans de Traballo que se pretenda intercambiar con outro asociado, baixo sanción de nulidade do cambio, sen perxuizo da responsabilidade disciplinaria na que poda incurrir.

        12. Non retirar os Grupos de Visita que queden libres cando se realizaran con vintecinco días hábiles, nin solicita-los cando corresponda visita-los entre os seguintes dez días hábiles. En todo caso deixa-los libres cando lle correspondesen no mismo ciclo.

        13. Non intentar recuperar un grupo, se o día que non o realizou non comunicou a baixa á Asociación.

        14. Non solicitar grupo o día que lle corresponde unha L, ou cando un compañeiro doutra Asociación lle realice Grupos, pois ese día vai en detrimento do titular do Plan de Traballo, sen dereito a grupo.

        15. Presentar papeleta indicativa da Asociación no cambio de Grupos de Traballo.

        16. Comunicar á Xunta Directiva as altas e baixas médicas ou profesionais.

        17. Comunicar a Xunta Directiva no prazo de trinta días naturais calquer modificación na sùa situación profesional.

        18. Respeta-la programación doutras Asociacións, debendo denunciar á Xunta Directiva a quenes perturben os Grupos de Traballo programados pola Asociación, para que aquela actúe ante os organismos competentes, sen perxuizo da responsabilidade disciplinaria.

        20. Denunciar por escrito á Xunta Directiva os feitos tipificados coma faltas nestes Estatutos.

 

        Os asociados pòdense hallar en duas situazóns para a entrega de Plans de Traballo:

  • Os que pertenezcan a unha Empresa que teña un ou dous delegados na provincia de A Coruña, considéranse Simples.
  • Os que pertenezcan a unha Empresa que dispón de tres ou máis delegados na provincia de A Coruña, e que algùn deles exerce labor de coordinador, supervisor ou similar, e os tres pertenezan á Asociación, consideraranse Dobles.

 

 

CAPÍTULO III

“DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN”

 

Artigo 11º.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

 

 

 

 

Artigo 12º.

1.-O presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará  4  anos. Será asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2.-O presidente terá as seguintes atribucións:

  1. Representa-la asociación diante de calquera organismo público ou privado.
  2. Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
  3. Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  4. Asinar co Secretario os títulos e nomeamentos e co Tesoureiro os mandatos para extraer fondos e asinar os documentos de cobro..
  5. Formalizar en nome da entidade cualquera actos e contratos, que deberán ser aprobados pola Xunta Directiva se excedesen da administración ordinaria.
  6. Asinar as comunicacións, previa autorización da Xunta Directiva se exceden da administración ordinaria, dando coñecemento a aquela dos asuntos desta índole realizados sen autorización por urxencia
  7. Representa-la entidade en xuizo e fora del, con arranxo o que dispoña a Xunta Directiva naqueles asuntos que excedan da administración ordinaria
  8. Propoñer á Xunta Directiva o plan de actividades da Asociación, e impulsar e dirixir a sùa execución.
  9. Propoñer á Xunta Directiva o nomeamento dos cargos técnicos que sexan necesarios para as actividades da Asociación

 

Artigo 13º.

1.-A Xunta Directiva é o órgano de dirección e administración da Asociación e estará integrada coma máximo por:

  1. Presidente, que o é tamén da Asociación.
  2. Vicepresidente, que o é tamén da Asociación
  3. Secretario, que o é tamén da Asociación.
  4. Vicesecretario, que o é tamén da Asociación.
  5. Tesoureiro, que o è tamén da Asociación
  6. Contador, que o é tamén da Asociación
  7. Vocal 1º.
  8. Vocal 2º.
  9. Vocal 3º.

   10.Vocal 4º.

Na Xunta Directiva soamente poderá haber un afiliado que desempeñe labores de coordinación, supervisión ou similares.

2.-Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

3.-A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 4 anos, aínda que poden ser obxeto de reelección indefinidamente.

4.-Os cargos cesarán na súa función por:

        a) facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

        b) renuncia voluntaria.

        c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.

        d) acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

 

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se poideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cobertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.

 

Artigo 14º.-A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

  1. A admisión de socios.
  2. A interpretación dos presentes Estatutos e dos regramentos que os desenrolen.
  3. A execución dos acordos da Xunta Xeral.
  4. Realizar e dirixir as actividades da Asociación, necesarias para o desenrolo e exercicio dos seus fins.
  5. Propoñer á Xunta Xeral os programas de actuación xeral e específicos e realizar os xa aprobados dando conta do seu cumprimento á Xunta.
  6. Cubrir os cargos vacantes no seu seno, se o xuzga oportuno.
  7. Presentar á Xunta Xeral os presupostos, balances, liquidacións de contas e propostas de cotas para sùa aprobación.
  8. Elaborar a Memoria anual de actividades someténdoa para a sùa aprobación á Xunta Xeral.
  9. Formular en decembro o proxecto de presupostos do ano venideiro, para somete-lo á aprobación da Xunta Xeral ordinaria.
  10. Formular, cando así o estime necesario, un proxecto de presuposto extraordinario, para somete-lo á aprobación dunha Xunta Xeral Extraordinaria.
  11. Nos casos de urxencia, adoptar decisións sobre asuntos cuia competenza corresponde á Xunta Xeral dando conta delo na primeira sesión que ésta celebre.
  12. Decidir en materia de cobros e ordenación de pagos e expedición de libramentos.
  13. Inspeccionar a contabilidade, así coma a mecánica de cobros e pagos sen perxuicio das facultades do Contador e Tesoureiro.
  14. Decidir sobre as altas e baixas dos socios
  15. A aprobación das contas que mensualmente presente o tesoureiro cando fose requerido para elo.
  16. A elección da entidade ou entidades bancarias onde depositar os fondos da Asociación.
  17. A contratación de bens e servizos ata a suma de 6.000 euros, precisando o consentimento da Xunta Xeral para unha cantidad maior.
  18. O exercicio de accións e otorgamento de poderes

Realizar estudos e informes de interese para os afiliados.

  1. A resolución das proposicións que lle sexan dirixidas, comunicando sùa decisión ó primer firmante no plazo màis breve e en calquer caso inferior a un mes.

Artigo 15º.

  1. A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes, sempre que sexa posible, con oito días naturáis de antelación á data fixada para a reunión, con remisión do Orden do Día comprensivo dos asuntos a tratar.

Por razóns de urxencia, o Presidente da Xunta Directiva poderá convocar os seus membros por calquer medio.

Tamén por razòns de urxencia na reunión poderán ser tratados asuntos non contidos na Orden do Día. Pero se non asistise a maioría dos membros da Xunta Directiva, ditos acordos deberán ser ratificados na seguinte reunión da mesma.

  1. Salvo que acorde outra cousa, a Xunta Directiva celebrará reunión ordinaria unha vez ò mes.
  2. A Xunta Directiva celebrará reunión extraordinaria concurrendo algunha das seguintes circunstancias:
  1. Por convocatoria do Presidente.
  2. Por acordo en reunión da Xunta Directiva.
  3. Cando así o solicite un tercio dos seus compoñentes expoñendo por escrito a sùa necesidade e obxeto. Recibida comunicación, o Presidente realizará a convocatoria para un dos cinco días seguintes inmediatos.

4.A Xunta Directiva considerarase válidamente constituida cando entre os que concurran á reunión estean presentes o Presidente e o Secretario ou seus sustitutos.

Para a adopción de acordos, requerirase o voto favorable  da mitade máis un dos membros da Xunta Directiva asistentes. En caso de empate nunha votación da Xunta Directiva, efectuarase unha segunda. De producirse novo empate, decidirá o voto do Presidente.

Das reunións da Xunta Directiva, levantarase Acta extendéndose nun libro ò efeto. As actas serán firmadas polo Presidente e polo Secretario.

 

Artigo 16º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

 

  • Sección 1ª. -

- “Da elección da Xunta Directiva “-

 

Artigo 17º. - Os membros da Xunta Directiva serán elexidos polos asociados en Xunta Xeral entre candidaturas completas òs dez postos, sendo a duración do seu mandato de catro anos.

 

Artigo 18º. - Para concurrir á elección as candidaturas deberán ter o respaldo dun 10% dos asociados que o otorgarán firmando un plego a presencia do Presidente e do Secretario da Asociación o de quenes estatutariamente os sustitúan.

 

Artigo 19º. - As candidaturas que, segundo o sistema estatutario, obteñan o respaldo preciso, serán automáticamente proclamadas e poderán concurrer ás eleccións.

Se nengunha das candidaturas obtuvera o respaldo estatutario, serán proclamadas as duas que o houberan obtido maior.

 

Artigo 20º. - No suposto de que unha vez finalizado o prazo para elo soamente houberase presentado unha candidatura, a Xunta Directiva, reunida no prazo de dez días hábiles, procederá a proclama-la, sen necesidade de celebración de eleccións.

Se non se presenta nengunha candidatura, continuaría a actual Xunta Directiva; renovándose o 50% dos cargos sen incluir ó Presidente e Tesoureiro, escollendo os membros da nova Xunta Directiva entre todo-los membros da Asociación e cunha renovación ó ano de mandato dos cargos de Presidente e Tesoureiro sempre e cando non decidan continuar ata o final do mandato.

 

Artigo 21º. - A elección  realizase mediante voto segredo dos asistentes á Xunta Xeral, mediante a introducción, na urna que ó efecto instalarase na mesa presidencial, dun sobre en cuio interior irá unha papeleta coa candidatura elexida.

Artigo 22º. - O Secretario comprobará a identidade dos asociados que pretendan exercer seu dereito ó voto e que non se hallen incursos en causa que, segundo estes Estatutos, impida sùa asistencia á Xunta Xeral.

Se non houbese impedimento o votante entregará o sobre co seu voto ó Presidente, quen, a sùa vista, o introducirá na urna, indicando verbalmente ó Secretario que o asociado votou.

 

Artigo 23º. - Finalizada a votación, o Presidente e o Secretario efectuarán o reconto dos votos.

En dito acto poderá ter participación un membro de cada candidatura. No caso de discrepancia entre os da mesma, otorgarase preferenza a quen encabece a candidatura e despois os que lle segan, polo mesmo orde daquela.

 

Artigo 24º. - Finalizado o reconto, o Presidente lerá os resultados, proclamando a candidatura vencedora e o Secretario fará constar no acta todo-los pormenores da elección.

 

  • Sección 2ª. -
  • Da transmisión de poderes” -

 

Artigo 25º. - Elexida ou proclamada que sexa a Xunta Directiva, a anterior continuará en funcións ata a toma de posesión oficial da nova.

 

Artigo 26º. - Os membros da nova Xunta Directiva non poderán desempeñar ningunha das sùas funcións ata que tomen posesión oficial dos seus cargos.

 

Artigo 27º. - Os membros da nova Xunta Directiva tomarán posesión oficial ordinaria dos seus cargos o día primeiro do mes seguinte ó que houbesen sido elexidos ou proclamados.

De forma extraordinaria, se non existise Xunta Directiva en funciòns tomarán posesión de inmediato.

 

Artigo 28º. - Desde a data da elección ou proclamación da nova Xunta Directiva ata o día da sùa toma de posesión oficial, a Xunta Directiva en funciòns instruirá òs membros daquela sobre a situación da Asociación.

A tales efectos mostraralle a documentación necesaria e presentará ó Presidente e Secretario electos a toda-las persoas e entidades que manteñan relación habitual coa Asociación.

 

Artigo 29º. - A toma de posesión oficial da nova Xunta Directiva terá lugar no domicilio da Asociación ou noutro lugar que a Xunta Directiva en funciòns desine.

Ó acto serán invitados todo-los membros da Asociación e aquelas persoas e instituciòns que a Xunta Directiva en funciòns estime oportuno.

Òs efectos de invitar o acto a persoas ou instituciòns axenas, a Xunta Directiva escoitará, previamente e sen carácter vinculante, ò Presidente da Xunta Directiva electa.

 

Artigo 30º. - O acto de toma de posesión terá lugar coma reunión pública da Xunta Directiva e do mesmo levantará acta o Secretario no Libro de Actas da Xunta Directiva.

O Presidente preguntará a cada un dos cargos electos se acepta o cargo para o que foi elexido e se promete polo seu honor desempeñalo conforme os Estatutos.

Recollidas as respostas, terase por tomada posesión da nova Xunta Directiva cos que houbesen efectuado a promesa, sempre e cando fosen un mínimo de cinco e que entre eles  hallarense o Presidente e o Secretario.

Tomada posesión oficial tomará a verba o Presidente salinte e despois o novo Presidente.

 

Artigo 31º. - Unha vez efectuada a toma de posesión oficial e a ser posible no mesmo día, o Presidente, o Secretario e o Tesoureiro da Xunta Directiva salinte acompañarán òs mesmos cargos da nova as entidades bancarias coas que a Asociación se relacione para rexistrar as sinaturas dos novos cargos e cancelar as anteriores.

 

Artigo 32º. - Os membros electos da Xunta Directiva que non prometesen seu cargo no acto oficial de toma de posesión deberán face-lo nos dez días naturáis seguintes, nunha reunión que a nova Xunta Directiva convocará ó efecto.

Se en tal reunión non o fixeran así, terase por efectuada sùa renuncia ò cargo para o que houberan sido elexidos.

 

Artigo 33º. - En calquer caso, os cargos que queden vacantes antes do término do mandato, poderán ser cubertos pola Xunta Directiva con asociados que considere idóneos, ata a terminación do período do mandato do anterior titular.

 

Artigo 34º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O presidente e o secretario da asemblea serán tamén o presidente e secretario da Xunta Directiva.

 

Artigo 35º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

 

Artigo 36º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de decembro do ano natural. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.

A notificación farase nos locais da asociación  para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asembleas extraordinarias.

 

Artigo 37º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

  1. Aproba-lo plan de actividades.
  2. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
  3. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  4. Exame e aprobación das cotas.

 

Artigo 38º.- A Presidencia da Asemblea Xeral corresponde ó Presidente da Asociación.

A mesa presidencial da Asemblea Xeral quedará integrada polo Presidente da Asociación, o Secretario da mesma e os membros da Xunta Directiva designados por ésta. Poderán acompañar ò Presidente os asesores que acorde a Xunta Directiva, que poderán actuar na Asemblea con voz, pero sen voto.

Os acordos que adopte a Asemblea Xeral o serán por votación da maioría simple, salvo naqueles casos nestos Estatutos que exixen unha maioría cualificada.

A asistencia á Asemblea Xeral è persoal. Non cabe a representación. O dereito a voto ha de exercerse polo interesado no curso da Asemblea Xeral. Cada afiliado presente ten dereito a un voto.As votacións serán públicas.

 

Artigo 39º.- As propostas, rogos e preguntas que se formulen polos afiliados, para ser tratadas na Asemblea Xeral, deberán dirixirse por escrito à Xunta Directiva, que as recollerá ata tres días antes da data sinalada coma primeira convocatoria.

 

Artigo 40º.- Nas Asembleas Xerales non poderán tratarse máis asuntos que os enumerados na convocatoria das mesmas, que nas Ordinarias serán:

  1. Lectura da convocatoria
  2. Lectura do acta da sesión anterior, que poderá ser discutida antes da sua aprobación no que atañe á exactitude ou inexactitude do seu contido, motivada por error ou omisión o ser redactada, pero deberá aprobarse sen modificar os acordos tomados.
  3. Lectura, discusión e votación do informe de Contas do ano anterior, presentado polo Tesoureiro.
  4. Lectura, discusión e votación do presuposto de Contas do ano seguinte, presentado polo Tesoureiro.
  5. Lectura, discusión e votación do informe da Comisión Revisora de Contas.
  6. Nomeamento dos tres socios de número para formar a Comisión Revisora de Contas para o exercicio seguinte.
  7. Lectura do número de altas e baixas habidas desde a última Asemblea Xeral Ordinaria.
  8. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas pola Xunta Directiva á Asemblea General.
  9. Lectura da Memoria Anual da Asociación
  10. Lectura, discusión e votación dos dictámenes das comisións designadas na Asemblea Xeral anterior.
  11. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas à Xunta Directiva ata 3 días antes da data sinalada como primeira convocatoria

 

Artigo 41º.- Aparte dos asuntos enumerados na convocatoria, poderá facerse uso da verba polos seguintes:

  1. Por alusiòns persoales
  2. Na defensa dun ausente

No primeiro suposto soamente terá turno de réprica o que dese lugar ò incidente, e de contrarréprica o aludido.

No segundo caso non se admitirá máis defensa que a do que se fixera cargo dela. Se fosen varios os candidatos  corresponderálle ò socio de maior antigüedade.

 

Artigo 42º.- O que estando no uso da verba se apartase da cuestión debatida será chamado ò orde polo Presidente ata duos veces, sendolle retirado o uso da verba se reincidise.

As cuestiones de orde e as previas teñen preferenza sobre as demáis, incluso sobre as que se hallen en debate no momento de suscita-las. Sobre elas únicamente admitiráse un breve razoamento do promovente. Se na contra da opinión dun intervininte, o Presidente considerase que un asunto está suficientemente debatido, co o apoio da maioría poderá suspender o debate e pasar à votación, se houbese lugar a elo.

O que fore chamado ò orde por extralimitación patente será privado da verba durante o resto da sesión. Se non acatase este mandato será expulsado do local, sen perxuicio das responsabilidades disciplinarias nas que poidese incurrir.

 

Artigo 43º.- As sesiòns das Asembleas Xerales non sobrepasarán as tres horas. Sen embargo, poderán ser prorrogadas polo acordo da maioría dos presentes nelas.

Se no transcurso dunha sesión non se desen por terminados os asuntos plantexados à Asemblea Xeral, suspenderase a mesma, debendo reanudar suas deliberacións noutra sesión que a presidencia convocará no mesmo acto para un dos cinco días seguintes, sen menoscabo do que determina o párrafo anterior.

Das reuniòns da Asemblea Xeral, levantarase Acta extendéndose nun libro ó efecto. As actas serán asinadas polo Presidente e polo Secretario.

Artigo 44º.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1.  Modifica-los estatutos da asociación.
  2.  Elixir e cesa-los membros integrantes da Xunta Directiva.
  3.  Aproba-la federación con outras asociacións.
  4.  Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  5.  Acorda-la disolución da asociación.
  6.  Designa-los/as liquidadores/as.
  7.  Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
  8. Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
  9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
  10.   As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
  11.  Toda-las competencias non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

 

Artigo 45º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

 

Artigo 46º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 44º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinará o/a presidente, o/a secretario/a da asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

 

Artigo 47º.- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.

As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente se procederá por parte do secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.

Posteriormente o secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

 

Artigo 48º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria

 

Artigo 49º.- O Vicepresidente, ademáis das atribuciòns e deberes que expresamente se sinalan nestos Estatutos e dos que lle foren sinalados pola Xunta Directiva, asumirá as funciòns que nel delegue o Presidente.

O Vicepresidente sustituirá ò Presidente cando éste cese no seu cargo, ata a elección dun novo Presidente da Xunta Directiva, à que convocará para tal fin no prazo de cinco días dende a asunción do cargo e que deberá celebrarse no prazo de dez días dende aquela data.

A duración do cargo de Presidente así elexido será a mesma que a dos outros membros da Xunta Directiva.

 

Artigo 50º.- 1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións desta co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

 

Artigo 51º.- O Vicesecretario, ademáis das atribuciòns e deberes que expresamente sinalan nestos Estatutos e dos que lle foran sinalados pola Xunta Directiva, asumirá as funciones que nél delegue o Secretario.

O Vicesecretario sustituirá ó Secretario cando éste cese no seu cargo, ata a elección dun novo Secretario pola Xunta Directiva, que será convocada polo Presidente para tal fin no prazo de cinco días dende a asunción do cargo polo Vicesecretario e que deberá celebrarse no plazo de dez días dende aquela data.

A duración do cargo de Secretario así elexido será a mesma que a dos outros membros da Xunta Directiva.

 

Artigo 52º.- 1. O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.

 

Artigo 53º- O Contador, ademáis das atribuciòns e deberes que expresamente sinalen estos Estatutos e dos que lle foran sinaladas pola Xunta Directiva, terá as seguintes funciòns:

  1. Intervirá todo-los documentos de cobros e pagos.
  2. Supervisará a contabilidade.

 

Artigo 54º.- Os vocais terán as seguintes atribucións:

  1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
  2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 

 

 

 

 

 

 

- Sección 3ª.-

-“Da Comisión Revisora de Contas”-

 

Artigo 55º- A Comisión Revisora de Contas integrarana tres socios de número elexidos pola Asemblea Xeral ordinaria, sen que naide poida desempeñar tal función duas anualidades consecutivas.

 

Artigo 56º.-A Comisión, despois de estudia-las, emitirá informe sobre as contas de ingresos e gastos da entidade dende sua elección ata a do ano seguinte.

A tales efectos,  reuniráse cantas veces o estime oportuno, e poderá obteñer cantos documentos e comprobantes precise para cumprir seu cometido, e seus informes serán válidos cando sexan asinados pola maioría dos seus componentes.

 

Artigo 57º.- Dentro dos dez días seguintes da elección dos socios integrantes da Comisión Revisora de Contas, o Secretario notificarálles tal nomeamento, citándoos para unha primeira reunión.

 

CAPÍTULO IV

DO RÉXIME ECONÓMICO

 

 

Artigo 58º.- A asociación dispón dun patrimonio de 6763, 88  euros(05/11). O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural, o co período que determine a Xunta Directiva co aprobación da Asemblea Xeral.

 

Artigo 59º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá de telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

 

Artigo 60º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:

  1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.

 

Existen tres clases de cotas: a de afiliación, a xeral e a de manteñemento. Seus importes serán estabelecidos na Xunta Xeral.

A cota de afiliación será única e abonaráse nun sò pago ó ser admitido. Está exento dela quen houbese pertecido à Asociación un ano completo e non houbese causado baixa por falta de pago.

Soamente a cota xeral da dereito ò Plan de Traballo, que sempre estará supeditado as normas do SERGAS ou, no seu caso, o organismo que regule a visita médica.

Para obter o Plan de Traballo terá prioridade o asociado máis antiguo sobre o máis moderno.

  1. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
  2. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
  3. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  4. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

O alta na Asociación, leva aparellado o pago das cotas que correspondan.

 

Artigo 61º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.

 

Artigo 62º.- Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

 

Artigo 63º.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.

 

Artigo 64º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

 

CAPÍTULO V
“DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO”

 

Artigo 65º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

 

CAPÍTULO VI
“MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN”

 

Artigo 66º.- Os presentes estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

 Dona Mª Begoña Canabal Arias, na súa calidade de secretario da Asociación de visitadores médicos de A Coruña fai constar que os ditos estatutos modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 27 de Maio do 2011 sono para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 1/2002,  de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

 

 

 

 

 

 

Artigo 67º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

 

Artigo 68º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

 

Artigo 69º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

 

 

CAPÍTULO VII

“DE LA RESPONSABILIDAD DISCIPLINARIA”

 

 

-“Das facultades disciplinarias”-

 

Artigo70º.- Todo-los membros da Asociación están suxeitos a responsabilidade disciplinaria no caso de infracción dos Estatutos sociais e dos Regramentos.

 

Artigo 71º.- A Xunta Directiva è o órgano de goberno da Asociación con competencia para o exercicio da xurisdicción disciplinaria.

 

Artigo 72º.- Salvo as excepciòns que se fixan, a responsabilidade disciplinaria declararáse previa formación do expedente, que ha de seguirse polas normas do Capìtulo II

 

Artigo 73º.- As facultades disciplinarias concretanse nas siguientes sanciones:

  1. Apercibimento por escrito
  2. Suspensión dos dereitos de asociado
  3. Expulsión da Asociación.

 

Se o acordo da Xunta Directiva, no exercicio da función disciplinaria, poidese afectar a algunho dos seus membros, à reunión na que se vaia a discutir será obrigatoria a asistencia de todo-los compoñentes da Xunta Directiva.

Quen non asista sen xusta causa, debidamente xustificada, incurrirá en falta grave.

 

 

-“Das faltas e sanciòns”-

 

Artigo 74º.- As accións e omisións dolosas ou culposas que implican responsabilidade disciplinaria denomínanse faltas.

 

Artigo 75º.- As faltas clasifícanse en:

 

  1. Leves
  2. Graves
  3. Moi graves

 

Todas estas faltas quedarán recollidas nun réximen interno onde se farán as sucesivas modificaciòns aprobadas na Asemblea Xeral.

 

Artigo 76º.- Son faltas leves:

  1. A infracción leve ou culposa dos Estatutos, dos Regramentos e dos acordos regramentarios dos órganos da Asociación.
  2. A alteración leve ou culposa do orde nunha Xunta.
  3. A conducta levemente desatenta e culposa con calquera membro da Asociación; os seus asesores; ou persoas físicas e xurídicas invitadas ou coas que a Asociación manteña unha relación.
  4. Utilizar nas relacións da Asociación unha linguaxe oral soez, sempre que non sexa dunha falta grave ou moi grave.
  5. Non facer un grupo e non comunicalo cando se esté traballando noutra zoa.
  6. Ocupa-la praza dun Delegado sen a debida autorización da Asociación.
  7. Cambiar total ou parcialmente o seu Plan de Traballo con outro delegado de distinta Empresa, sen previa autorización por escrito da Asociación.

 

Artigo 77º.- Son faltas graves:

  1. A reiteración dunha falta leve.
  2. A infracción dos Estatutos ou dos Regramentos cando non adquira relieve público.
  3. O incumprimento dos acordos reglamentarios dos órganos da Asociación
  4. A alteración do orde nunha Xunta cando non constitúa falta moi grave
  5. O atentado contra a dignidade dos membros da Asociación; os seus asesores; e das persoas físicas ou xurídicas invitadas ou coas que Asociación manteña unha relación.
  6. A realización dunha actuación pública en nome da Asociación sen consentimento da Presidencia ou, no seu caso, acordo da Xunta Directiva.
  7. Utilizar nas relacións da Asociación unha linguaxe soez na súa forma escrita sempre que non sexa constitutivo dunha falta moi grave.
  8. O atraso de dous meses no pago das cotas estabrecidas polos órganos de goberno
  9. Cometer unha falta de ética ou unha falta de compostura na sala de espera, clínicas ou centros hospitalarios, que poidan dar lugar a unha queixa por parte dun médico, paciente ou colega profesional.
  10. Ocasiona-la pérdida da visita ó axente programado para ese día, por realiza-la visita nun grupo que non lle correspondese.
  11. A non asistencia dun membro da Xunta Directiva a dúas sesións consecutivas, salvo por enfermidade ou motivos laboràis.
  12. Non comunicar que non se fai a primeira hora do grupo programado para un día, producíndose en tal caso a pérdida do grupo
  13. Non asistir cinco días aos grupos programados para un mes, sen comunicación previa a la Asociación.

 

Artigo 78º.- Son faltas moi graves:

  1. A reiteración dunha falta grave.
  2. A infracción pública dos Estatutos sociais ou os Regramentos.
  3. O incumprimento dos acordos regramentarios dos distintos órganos da Asociación, cando acarree algún perxuicio para aquela.
  4. A alteración da orde nunha Xunta Xeral, desobedecendo a quen a presida.
  5. O atentado contra a honra dos membros da Asociación; dos seus asesores; das persoas físicas e xurídicas invitadas ou coas que a Asociación manteña unha relación.
  6. A realización dunha actuación pública no nome da Asociación sen consentimento da Presidencia ou, no seu caso, acordo da Xunta Directiva, cando elo acarree algún prexuicio á Asociación.
  7. A realización de actos que lesionen o prestixio ou os intereses da entidade ou dalgún dos seus membros como tales.
  8. A non asistencia dun membro da Xunta Directiva a tres sesións consecutivas, salvo por enfermidade ou motivos laborais.
  9. A morosidade no pago das cotas da Asociación e que constituiría Baixa Automática da Asociación.

 

Artigo 79º. - As sanciòns que corresponden a cada tipo de infracción son as seguintes:

 

  1. Por faltas leves, o apercibimento por escrito.
  2. Por faltas graves, a suspensión dos dereitos de asociado de seis meses a dous anos.
  3. Por faltas moi graves, a expulsión da Asociación.

 

Artigo 80º. - As faltas leves sancionaranse pola Xunta Directiva, sen necesidade do procedimento que regula o Capítulo seguinte, e previa audiencia do interesado.

 

Artigo 81º. -As faltas prescribirán polo transcurso dos seguintes lasos de tempo, contados dende a súa comisión:

 

  1. As faltas moi graves, ós dous anos.
  2. As faltas graves, ó ano.
  3. As faltas leves, òs tres meses.

 

A apertura dun expedente disciplinario polos feitos interrumpirá os prazos de prescripción.

A responsabilidade disciplinaria non se extingue polo perdón da persoa ofendida.

 

Artigo 82º. -Tomarase nota de toda-las sanciòns no expedente persoal dos interesados.

 

Artigo 83º. - As persoas sancionadas poderán solicitar sùa rehabilitación e a conseguinte cancelación da nota correspondente no seu expedente persoal nos seguintes prazos, a contar dende o cumprimiento da sanción:

 

  1. Òs seis meses se fose por falta leve.
  2. Òs dous años se fose por falta grave.

 

Artigo 84º. - A rehabilitación solicitarase por escrito à Xunta Directiva, que a tramitará polo mesmo procedemento que a sanción de faltas. A sùa resolución será inapelable.

 

 

-Do Procedimento disciplinario -

 

Artigo 85º. - No poderá ser imposta unha sanción na virtude da potestade disciplinaria a ningún membro da Asociación senòn en virtude do procedemento regulado no presente Capítulo.

 

Artigo 86º. - O procedimento incoarase por medio de Providencia da Xunta Directiva, por acordo da maioría.

 

Artigo 87º. - Non obstante ó anterior, a Xunta Directiva, ò ter coñecemento de feitos que poidesen ser constitutivos dunha falta, antes de dicta-la Providencia incoatoria do expedente disciplinario poderá acordar que se instrùa unha información reservada.

 

Artigo 88º. - Coñecida a información reservada, a Xunta Directiva dictará sen máis trámite a Providencia de incoación do expedente disciplinario ou acordará o archivo do actuado.

 

Artigo 89º. - Na mesma Providencia na que se acorde a incoación do expedente disciplinario nomearanse un instructor e un Secretario do mesmo entre os membros da Xunta Directiva.

 

Artigo 90º. - O instructor ordeará a práctica de cantas probas e actuaciòns poidan conducir ò esclarecemento dos feitos e a determinar responsabilidades suscetibles de sanción, aportando seus resultados ò expedente.

 

Artigo 91º. - Finalizada a aportación de resultados e à vista do expedente, o instructor formulará un plego de cargos no que expoñerà ordeadamente os feitos imputados.

 

Artigo 92º. - O plego de cargos así formulado notificarase òs interesados, concedéndolles dez días naturais para formular alegaciòns ò mesmo e aportar evidencias documentais, se así lles conviñese.

 

Artigo 93º. - Acompañando ó escrito de alegaciòns e en plego aparte, cabe òs interesados propoñe-la práctica de probas e actuaciòns que poidan conducir a un mellor coñecemento dos feitos.

 

Artigo 94º. – O instructor acordará a práctica daquelas probas e actuaciòns que xuzgue procedentes para o esclarecemento dos feitos, expoñendo de forma sucinta no expedente os fundamentos da denegación doutras, así coma as causas que impedisen a práctica das acordadas.

 

Artigo 95º. - Contestado plego de cargos ou transcurrido o prazo para efectua-lo e, no seu caso, practicadas as dilixencias a que se refire o artigo anterior o instructor formulará unha proposta de resolución que, en unión de todo o actuado, remitirá à Xunta Directiva, que resolverá o expedente.

 

Artigo 96º. – A Xunta Directiva acordará a existencia ou a inexistencia de responsabilidade en votación segreda e por maioría simple.

No primeiro caso impondrá a sanción correspondente e no segundo acordará o arquivo das actuaciòns.

Se a votación arroxase un empate, decidirá o voto do Presidente.

Estas decisiòns da Xunta Directiva serán inapelables e de execución inmediata.

As sanciòns por falta moi grave tamén serán inapelables e de execución inmediata. Pero, se nos dez días naturais posteriores a que lle sexa comunicada, a persoa sancionada o solicita de modo fehacente à Xunta Directiva, ésta deberá solicitar a ratificación da sanción no curso da primeira Xunta Xeral  que se celebre.

 

Artigo 97º. - A decisión, sea cal fose, comunicarase ò interesado polo Secretario da Asociación mediante escrito, no domicilio que teña declarado na Asociación, solicitándolle a sinatura dunha copia do mesmo na que conste a data de notificación.

 

Artigo 98º. - Se o interesado non fose habido na dilixencia de búsqueda, a decisión da Xunta Directiva seralle comunicada mediante envío postal certificado, entendendo practicada a notificación prevenida na data que indique o acuse de recibo correspondente.

Caso de non existir acuse de recibo, a notificación efectuarase de forma fehacente.

 

 

 

-DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS -

 

PRIMEIRA. - A duración do mandato de todo-los membros da actual Xunta Directiva atendrase ò disposto no Capítulo III dos presentes Estatutos.

 

SEGUNDA. - A Xunta Directiva actual poderá cubrir con aquelrs vocais que carecen de cargo específico, todo-los cargos que para este órgano de goberno prevén os presentes Estatutos.

 

TERCEiRA. - O tratamento das supostas faltas cometidas antes da entrada en vigor do Regramento de Responsabilidade Disciplinaria da Asociación, non se someterá ò disposto nestes Estatutos, salvo o procedemento establecido no Capítulo VII, para garantía do interesado.

O resto do articulado soamente será de aplicación se o interesado o solicitase de modo expreso no momento de contesta-lo plego de cargos.

 

- DISPOSICIÓN DEROGATORIA-

 

Quedan derogados todo-los Regramentos da Asociación existentes antes da aprobación destes Estatutos, salvo os artículos 16, 17, 18 e 19 das Normas de Réximen Interno, que serán de aplicar exclusivamente às faltas cometidas antes da entrada en vigor do Regramento de Responsabilidade Disciplinaria.

 

  • DISPOSICIÓN FINAL -

 

Estos Estatutos sociais entrarán en vigor o mesmo día da sùa aprobación pola Xunta Xeral.

 

Estos Estatutos foron  modificados sendo a Xunta Directiva:

 

Manuel Pose Vila - Presidente           

Joaquín López Gallardo –Vicepresidente 

Mª Begoña Canabal Arias - Secretaria       

Silvia Castro Rodríguez - Vicesecretaria

José Patiño Rodríguez – Tesorero

José Manuel González Lombardía-Vocal 1º

Luisa Santamaría Pardo- Vocal 2º

Antonio Iglesias Ríos-Vocal 3º

 

Mª Carmen Rey Couceiro – Comité Asesor

Carlos Alberto Sánchez González – Comité Asesor

 

E aprobados na Asemblea Xeral, celebrada o día 27 de Maio do 2011 no Hotel NH Atlántico, cidade de A Coruña

 

 

 

 

AVIMECO
La verdadera razón de ser de nuestra página Web es mejorar la imagen y servicios de AVIMECO
Acceso a usuarios
¿Olvidó su contraseña?
Contacto
Centro de Negocios Officoruña
C/Benito Blanco Rajoy, 7 - 1º
15006 A Coruña
43.375097, -8.430355
TEL.: 981 129 699
FAX: 981 129 820
MÓV: 647 990 761
avimeco@avimeco.es